O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o nomeamento de Isabel Rey Gómez-Serranillos como nova subdirectora de Procesos Asistenciais da Área Sanitaria de Vigo.
A nova subdirectora de Procesos sen Ingreso e Urxencias viña desenvolvendo o posto de Coordinadora de Farmacia de Atención Primaria desde hai unha década, participando coa dirección asistencial no seguimento dos indicadores de Calidade de prescrición e actuando como interlocutora entre os distintos niveis asistenciais na farmacia asistencial.
Doutora en Farmacia pola Universidad de Santiago de Compostela e diplomada en Óptica Oftálmica e Acústica Audiométrica pola Universidad de Barcelona, conta ademáis cunha amplia formación en farmacoeconomía e xestión sanitaria.
A súa traxectoria profesional está ligada á Atención Primaria na área sanitaria de Vigo, traballando como farmacéutica nos servizos de Atención Primaria de Teis e Rosalía de Castro.
Foi membro da distintas Comisións de farmacia autonómicas e da área de Vigo, e na actualidade é membro da Comisión Provincial de Farmacia.