Galicia

Isabel Rey, nova subdirectora de Procesos sen Ingreso e Urxencias da Área Sanitaria de Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o nomeamento de Isabel Rey Gómez-Serranillos como nova subdirectora de Procesos Asistenciais da Área Sanitaria de Vigo.

A nova  subdirectora de Procesos sen Ingreso e Urxencias viña desenvolvendo o posto de Coordinadora de Farmacia de Atención Primaria  desde hai unha década,  participando coa dirección asistencial no seguimento dos indicadores de Calidade de prescrición e actuando como interlocutora entre os distintos niveis asistenciais na farmacia asistencial.

Doutora en Farmacia pola Universidad de Santiago de Compostela e diplomada en Óptica Oftálmica e Acústica Audiométrica pola Universidad de Barcelona, conta ademáis cunha amplia  formación en farmacoeconomía e xestión sanitaria.

A súa traxectoria profesional está ligada á Atención Primaria na área sanitaria de Vigo, traballando como farmacéutica nos servizos de Atención Primaria de Teis e Rosalía de Castro.

Foi membro da distintas Comisións de farmacia autonómicas e da área de Vigo, e na actualidade é membro da Comisión Provincial de Farmacia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.