Galicia

@AsNevesConcello contratará a 29 persoas demandantes de emprego

Ao longo deste ano 2019, o Concello das Neves contratará, alo menos a 29 persoas que asinarán contratos de entre 3 e 10 meses de duración.

12 persoas xa están a traballar

Con cargo a fondos municipais, o Concello das Neves xa contratou a 2 limpadores para locais e inmobles, e con axudas e subvencións doutras administracións, a Deputación de Pontevedra, principalmente, e a Xunta de Galicia, o Concello puido asinar contratos para cubrir 8 postos de peóns de obras e forestais, que están a traballar con contratos de 10 meses a xornada completa, 1 ordenanza-bedel e un operador de maquinara, polo mesmo tempo e tamén durante toda a xornada.

“Emprego de mellor calidade”

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, salienta que “seguiremos tendo coma obxectivo que ese emprego sexa de mellor calidade, tanto nas súas condicións, no tempo de duración en nas xornadas de traballo que, na maioría dos casos serán de xornadas laborais completas”.

17 incorporacións no resto do ano

O Concello xa ten en marcha o proceso de contratación das persoas para cubrir 2 postos de fontaneiros, durante 7 meses a xornada completa; 2 de peóns de obras durante nove meses;  4 peóns forestais, 9 meses a xornada completa; 1 oficial de obras, 1 de xardinería; un responsable de Biblioteca, “ata final de ano”; un chofer de camión, con carné C+E e tamén ata final de ano e una xornada laboral de 35 horas á semana;  3 condutores de motobomba, durante 3 meses e a xornada completa e, nas mesmas condicións, 2 socorristas para as piscinas municipais.

As persoas interesadas en optar a estes postos poden consultar as bases, condicións e prazos para acceder aos mesmos entrando na páxina web do Concellowww.asneves.gal.

También te puede interesar