O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria pola cal a Consellería de Economía, Emprego e Industria incentiva con 3.000€ os contratos dun ano de duración, que acadarán o dobre -6.000€- no caso de contratos indefinidos.
Formación
O programa inclúe, por unha banda, un bono formación ás persoas sen emprego para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial, incentivándose con 2.000€ a cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000€ e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.
Impulso á contratación indefinida
Por outra parte, ofrécense incentivos á contratación ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa.
As contías varían segundo o programa aínda que aumentarán nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.
Os apoios tamén aumentarán nun 25% para outros colectivos con máis dificultades para atopar un traballo como son, por exemplo, os emigrantes retornados e se o centro de traballo está emprazado no rural.
Estímase un número de beneficiarios de 330 menores de 30 anos. As solicitudes en todos os programas resolveranse seguindo a orde de presentación, é dicir, será por concorrencia non competitiva.