Galicia Vigo al día

Licitada a mellora da estrada PO-552 ao seu paso por Vigo, Nigrán O Rosal e A Guarda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este mércores na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de mellora do firme na estrada PO-552 ao seu polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de case 830.000€.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 6 de maio.

As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada e a reposición da sinalización horizontal, dispoñendo dun prazo de execución de 4 meses desde o seu inicio.

También te puede interesar