Destacados

Aberto ata o martes, día 9, o prazo para apuntarse nás oposicións para 205 prazaa de persoal subalterno

O martes, 9 de abril, remata o prazo para apuntarse nas oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno e tres de ordenanza. Este proceso selectivo foi convocado o pasado 11 de marzo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As persoas que queiran apuntarse nesta convocatoria deben facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa correspondente.

As oposicións son de acceso libre e, polo tanto, poderase presentar calquera persoa que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria. As persoas que acaden un posto neste proceso traballarán nas consellerías da Administración autonómica, en centros educativos ou en centros do ámbito dos servizos sociais.

Do total das prazas convocadas reservaranse 14 para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, e no caso de que queden desertas tamén se acumularán ás de acceso xeral. En todos os casos, o proceso selectivo realizarase polo sistema de concurso-oposición, polo que se terán en conta os méritos de cada persoa.

Segundo establecen as bases da convocatoria, non se esixe requisito de titulación para a práctica totalidade das prazas. A previsión da Xunta é realizar estes exames no Recinto Feiral de Silleda, xa que cumpre cos requisitos de centralidade, capacidade e seguridade.

Un só exercicio

Estas oposicións contarán cun só exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá en contestar un cuestionario de 60 preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que 20 corresponderán á parte común do programa e 40 á parte específica.

Como novidade nesta convocatoria, esta proba simplifícase e cada pregunta contará con tres respostas alternativas, das que só unha será a correcta.

Ademais desta proba obrigatoria, a convocatoria tamén inclúe unha segunda proba para evidenciar o coñecemento do galego, da que quedarán exentas todas as persoas que acrediten o certificado Celga 2 ou equivalente.

También te puede interesar