Galicia

@En_Marea y @MareaVigo esixen fondos do Estado para mellorar a conexión ferroviaria con Porto

Imaxes:Paula Crespo/Tras coñecer que a conexión ferroviaria de mercadorías Vigo-Porto non será incluída na Rede Básica Transeuropea, tanto En Marea no Parlamento como a Marea de Vigo, no Concello, esixiranlle ao Goberno do Estado unha liña de financiamento adiccional para mellorar esta conexión.

O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, e o vicevoceiro do Parlamento galego, Antón Sánchez presentaron este lunes a moción que trasladarán ao concello de Vigo, na liña da presentada na Cámara galega. “Para a cidade de Vigo a conexión é prioritaria pois os fluxos loxísticos cara ao norte de Portugal son cada vez máis importantes”, sinalou Pérez, que lembrou ademais que “a conexión ferroviaria é o futuro e as grandes empresas se queixan de que a gran eiva que temos aquí é a infraestrutura ferroviaria”.

Fundamental para Galicia

Para Antón Sánchez esta é cuestión fundamental para Vigo e para Galicia. “Potenciar a relación Galicia e Portugal é clave para todos aqueles que non teñen unha visión subordinada con respecto ao Estado español, coma o señor Feijóo”.

O vicevoceiro do grupo parlamentario En Marea lembrou que o goberno socialista de Pedro Sánchez non incluíu dita conexión como prioritaria  na Rede Básica de Transpote, deixándoa na Rede Global. “Isto ten como consecuencia que descende o financiamento, a porcentaxe de investimento destinada aos proxectos, e aumenta o prazo de execución de 2030 a 2050, ademais de dificultar a inclusión do porto de Vigo na Rede Básica de Portos Europeos”.

También te puede interesar