Galicia

@En_Marea y @MareaVigo esixen fondos do Estado para mellorar a conexión ferroviaria con Porto

Imaxes:Paula Crespo/Tras coñecer que a conexión ferroviaria de mercadorías Vigo-Porto non será incluída na Rede Básica Transeuropea, tanto En Marea no Parlamento como a Marea de Vigo, no Concello, esixiranlle ao Goberno do Estado unha liña de financiamento adiccional para mellorar esta conexión.

O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, e o vicevoceiro do Parlamento galego, Antón Sánchez presentaron este lunes a moción que trasladarán ao concello de Vigo, na liña da presentada na Cámara galega. «Para a cidade de Vigo a conexión é prioritaria pois os fluxos loxísticos cara ao norte de Portugal son cada vez máis importantes», sinalou Pérez, que lembrou ademais que «a conexión ferroviaria é o futuro e as grandes empresas se queixan de que a gran eiva que temos aquí é a infraestrutura ferroviaria».

Fundamental para Galicia

Para Antón Sánchez esta é cuestión fundamental para Vigo e para Galicia. «Potenciar a relación Galicia e Portugal é clave para todos aqueles que non teñen unha visión subordinada con respecto ao Estado español, coma o señor Feijóo».

O vicevoceiro do grupo parlamentario En Marea lembrou que o goberno socialista de Pedro Sánchez non incluíu dita conexión como prioritaria  na Rede Básica de Transpote, deixándoa na Rede Global. «Isto ten como consecuencia que descende o financiamento, a porcentaxe de investimento destinada aos proxectos, e aumenta o prazo de execución de 2030 a 2050, ademais de dificultar a inclusión do porto de Vigo na Rede Básica de Portos Europeos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.