Galicia Vigo al minuto

#ReconquistaVigo Oito días para expulsar, de novo, aos franceses

Ademáis haberá unha pantalla xigante na Porta do Sol para seguir o día 31, toda a representación: dende o inicio, o asalto á Gamboa e a expulsión dos franceses no porto

Imágenes: Paula Crespo/Oito días de festa, do 23 ao 31 de marzo. Esa será a duración da ‘Reconquista’ deste 2019 que celebra este ano a sua 25ª edición. Outra das grandes novidades será a colocación dunha pantalla xigante na Porta do Sol onde os asistentes poderán ver en directo, o día 31, a representación da parte inicial, o asalto á porta da Gamboa cun plano cenital que permitirá ver a ambos bandos simultaneamente, e despois a parte do Porto.

Posto violeta ante casos de violencia machista

Este ano, por primeira vez, haberá un posto violeta no que, en caso de ocorrer algún incidente de carácter machista, contarán cun protocolo de actuación para os diferentes casos. As vítimas poderán acudir coa garantía de que serán escoitadas e atendidas. Este punto atoparase na confluencia da rúa Real coa Praza do Berbés.

Obxectivo: Festa de Interese Estatal

Os organizadores destacaron que a Festa da Reconquista de Vigo está cada vez máis preto de ser proclamada Festa de Interese Turístico Estatal. Durante o fin de semana grande da Festa traballarán máis de 700 persoas caracterizadas para dar lugar a actuacións espontáneas que ambienten a Reconquista.

Dende este sábado, día 23

As actividades comezan este sábado, día 23 ás 6 da tarde na Praza do Berbés cunha homenaxe aos veciños e veciñas que idearon e desenvolveron a festa en 1994, fai 25 anos. Seguirá coa representación da destitución do alcalde Váquez Varela polas tropas do Coronel Chalot xunto música, cantos de taberna, e baile. Para rematar a xornada terá lugar a cea da Reconquista.

O Mércores 27 comezará cunha actividade ás 10.30 na Praza da Laxe, mediante a cal se pretende transmitir o espírito da Reconquista aos 650 nenos e nenas asistentes. Farán un desfile polas rúas do Casco Vello que rematará cunha chocolatada na Praza do Berbés xunto coa actuación de Ce Orquestra. Ás 20:00 horas terá lugar a Final do Certame de Tapas Retapas. O Xurado pasará por última vez polos locais para tomar a decisión e emitir o fallo.

O Xoves 28 faranse públicos os premios do Certame Retapas e haberá un concerto da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 na Colexiata Santa María de Vigo.

250 postos de artesanía e hostalería

O Sábado 30 ás 11 da mañá terá lugar a inauguración do mercado Festa da Reconquista da Vila de Vigo, no que haberá 250 postos de artesanía e hostalería e que durará ata as 23 horas. Ademais ás 21.00 na Porta do sol haberá un concerto de Treixadura. “A presenza de Treixadura na Porta do Sol é unha dimensión nova de entender a romaría”, afirmou o alcalde.

Domingo día 31: doce horas ininterrompidas

O Domingo 31 o mercado da Festa contará co mesmo horario que o sábado, de 11 a 23h. Ás 18.00 comezará a Representación da expulsión dos franceses na Porta do Sol con recorrido ata a Porta da Gamboa e finalizará Peiraos do Porto de Vigo.

También te puede interesar