Galicia Vigo al minuto

@depo_es trae a Vigo ‘Ramonas on Tour’…e o seu feminismo a través do rock

Música, cultura, obradoiros de educación en igualdade, actividades e concertos protagonizados por mulleres encheron este venres a Porta do Sol que, dende a mañá ata a madrugada, é escenario do novidoso espectáculo “Ramonas on Tour”.

Trátase dunha das iniciativas centrais da Deputación de Pontevedra da extensa axenda deste mes de marzo ao amparo das reivindicacións do 8-M. O espectáculo, que estreouse na cidade, levará o feminismo por toda a provincia a través da música rock. De feito o próximo venres chegará á Praza da Ferrería de Pontevedra e despois irá recalando en diferentes concellos da provincia.

https://twitter.com/depo_es/status/1106520603916406784

Carmela Silva, expresou o seu orgullo por esta iniciativa “que pretende achegar a igualdade a rapazas e rapaces para crear un mundo no que as mulleres teñamos as mesmas oportunidades”.

Somos o 52% da poboación e queremos a metade de todo. Non hai nada mais xusto é lóxico que reivindicar o que nos corresponde”. Silva, que xunto ao alcalde participou desde a mañá nas actividades co alumnado dos centros escolares, sinalou que “temos que conseguir rachar cos estereotipos, cos tópicos, coas relacións tóxicas que veñen dunha forma de educar ás nenas en submisión coa que temos que rematar”.

Todo este venres

Os actos  continuarán durante a tarde. Na Porta do Sol escoitaranse ás 19.00 horas as voces de mulleres representativas da industria cultural. “Nunca máis sen nosoutras” é o nome do debate no que participarán a música Belén Lamas, a artista gráfica Lupita Hard e a integrante da Asociación 85C, Marcia Vázquez, para reflexionar sobre a presenza da muller na cultura.

Finalmente, ás 10.30 da noite co concerto de música rock, ao cargo das Ramonas tamén se sumarán outras artistas convidadas como Linda Lamarr (Belén Lamas), Coral Alonso, Seilaesencia e Area.

También te puede interesar