Destacados Vigo al minuto

@abelcaballero advirte de «sen que AVE Vigo-Madrid por Cerdedo non haberá saída sur a Oporto»

O alcalde afirmou este mércores que o AVE por Cerdedo é «prioritario» para a cidade e que sen esta infraestrutura non poderá avanzar o corredor ferroviario e a saída sur a Portugal.

«Xa saben que está a estación en marcha e os accesos e a liña con A Coruña, pero a nosa gran prioridade é o AVE Vigo-Madrid por Cerdedo, agora que está desbloqueada. A nosa segunda gran prioridade é Vigo-Oporto de Alta Velocidade, non un tren convencional, de forma que Vigo-Europa se constitúa en redes europeas, este é o noso núcleo central», asegurou.

Abel Caballero explicou que a liña con Portugal ten que unir a zona portuaria viguesa e ser compatible coas mercadorías «de modo que seguiremos reclamando que Vigo sexa porto nodal, igual que fixemos sempre, porque nunca daremos a batalla por perdida, e ten que verse acompañado de que o Porto de Vigo e a conexión coa rede ferroviaria a Oporto sexa rede básica europea».

O alcalde incidiu en que a valoración das áreas portuarias deben facerse co criterio do valor dar mercadorías, non do volume. «Temos que transmitir a Europa un cambio de criterios, os portos nodais non se poden catalogar unicamente por criterio de tonelaxe de mercancías, ten que ter unha segunda catalogación en valor engadido e valor de mercancía, e en abastecemento a zonas económicas«, sinalou.

Desta forma, apuntou que Vigo ten menos toneladas que outros portos de España pero en valor é moi superior. «Somos unha cidade exportadora de vehículos, pescado con altísimo valor, manufacturas, pezas de Censa… as toneladas de carbón non valen para nada».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.