Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 40 feridas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 41 persoas debido a 34 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día, 8, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 10 de marzo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 38 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 34 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 41 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 33 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 35 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

You may also like