Galicia

@Xunta convoca este luns oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno

Estas son as datas de 94 oposicións convocadas pola Xunta para 1.500 prazas

A Xunta este luns, día 11, no Diario Oficial de Galicia (DOG) as oposicións para cubrir 205 prazas de persoal subalterno. Son as primeiras probas que se celebran desde o ano 2008. A estas prazas hai que engadir outras tres para a categoría de ordenanza do grupo V do persoal laboral. As persoas que acaden un posto neste proceso traballarán nas consellerías da Xunta, en centros educativos ou en centros do ámbito dos servizos sociais.

O DOG recollerá a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de 205 prazas na agrupación profesional de persoal subalterno, 69 postos máis que na anterior convocatoria, na que se incluíran 136 prazas. As oposicións son de acceso libre e, polo tanto, poderase presentar calquera persoa que cumpra os requisitos.

Do total das prazas convocadas reservaranse 14 para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%, e no caso de que queden desertas tamén se acumularán ás de acceso xeral. En todos os casos, o proceso selectivo realizarase polo sistema de concurso-oposición, polo que se terán en conta os méritos de cada persoa.

No que se refire aos requisitos, as persoas participantes deberán ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. No caso das prazas de persoal laboral, os aspirantes deberán acreditar ademais ter cursada a escolaridade obrigatoria no sistema educativo español.

20 días hábiles para anotarse

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán que facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala. O prazo para formalizar as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

You may also like