Galicia Vigo al minuto

@En_Marea esixe á Xunta que se implique na búsqueda de solucións para o conflito laboral de Bosch

En Marea esixiulle á Xunta de Galicia este luns que se implique na búsqueda de solucións para o conflito laboral de Bosch Vigo. O seu voceiro subliñou que 800 empregos están en perigo por un ERTE e xa se produciron os despidos de 200 persoas que estaban contratadas a través dunha Empresa de Traballo Temporal.

Os deputados Luís Villares e Pancho Casal reuníronse na cidade co persoal afectado e anunciaron iniciativas no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados para evitar os despidos e a deslocalización.

Villares salientou que “non entendemos por que o Goberno permite unha deslocalización dun sector que é estratéxico para o bo funcionamento da nosa industria”. Ao seu xuízo, “temos dúas reformas laborais que están facendo que as traballadoras e traballadores do sector de servizos máis importante do país, con 10 mil empregos, estea sendo deslocalizado sen que se faga nada para evitalo”.

O voceiro de En Marea incidiu en que “sabemos que as empresas están tendo uns beneficios ben avultados por estes servizos que prestan os e as profesionais, e polo tanto, non entendemos o por que da deslocalización”.

You may also like