RGPD - Cookies
Deportes

Giovanni Imparato, do Mace Sport de Pontevedra, campión de Europa de taekwondo

O deportista do Mace Sport de Pontevedra, Giovanni Imparato, proclamouse onte na cidade grega deTesalónica campión  de Europa de clubs e desta forma logrou a clasificación para o Campionato de Europa Júnior de seleccións.

Giovanni Imparato (-51 quilogramos) superou en primeira rolda ao grego Alfred Culi por 3-0, para posteriormente vencer ao deportista de Chipre Andronikou Kyruakos por 9-8. Así alcanzou os cuartos de final, onde tería como rival ao español Álvaro Vélez e Giovanni foi moi superior (13-6).

Na semifinal esperaba o italiano Andrea Conti, onde novamente o deportista do Mace volveu gañar (3-1) para alcanzar así a gran final. Imparato enfrontouse ao serbio Novak Stanic e o noso deportista rematou un campionato perfecto vencendo por 10-8 e logrando así o título de Campión de Europa de Clubs Júnior.

También te puede interesar