Galicia

@depo_es trae este domingo a Soutomaior a Coco Chanel, Emilia Pardo Bazán e María Vinyals

Este domingo continúan as visitas caracterizadas de Coco Chanel, María Vinyals e Emilia Pardo Bazán ao Castelo de Soutomaior. As mesmas, iniciadas a semana pasada, esgotaron xa as 150 prazas ofertadas.

Durante a visita, á que asistirá a deputada provincial Digna Rivas, estas tres grandes mulleres, darán a coñecer durante hora e media e durante dúas sesións -12 e 16 horas– os principais atractivos dos xardíns do Castelo. Ademáis comentarán o proxecto de musealización desenvolvido pola Deputación e a exposición “A moda en detalles” que durante o mes de marzo aínda se pode visitar no recinto histórico.

Esta acción, enmarcada na campaña “Fame de experiencias”, ten por obxectivos desestacionalizar o turismo e continuar impulsando o castelo de Soutomaior como eixo de atracción e espazo para a cidadanía.  Así, con “Camelia e moda” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo divulgar un novo xeito de descubrir a historia do Castelo.

Amais de coñecer o proxecto de musealización desenvolvido polo goberno de Carmela Silva no castelo e descubrir a historia de María Vinyals, a través desta primeira visita caracterizada é posible achegarse aos xardíns de camelia e complementar a visita cun percorrido pola “Moda en detalles”, unha exposición pioneira que presenta fondos do Museo de Pontevedra nunca antes amosados.

También te puede interesar