Galicia Sucesos

Un lume sen control arrasa xa máis de 80 hectáreas no concello de Padrenda

Un novo lume está arrasando o concello ourensán de Padrenda. Segundo fontes dos servizos de extinción, o lume, que entrou por Portugal antes das 7 da mañá deste mércores, está sen control.

As lapas, localizadas na parroquia de San Pedro da Torre queimaron xa máis de 80 hectáreas, dato confirmado pola Concellería de Medio Rural. Á hora de redactar esta información tres axentes, dúas brigadas, unha motobomba e un helicóptero loitaban contra o fogo.

You may also like