RGPD - Cookies
Deportes

O galego Álex Vida no Mundial de Parataekwondo coa vista posta en Tokio 2020

Alex Vidal (-61 quilogramos, Natural Sport Riveira) disputa este mércores o Mundial de Parataekwondo, que se está a disputar en Antalya (Turquía) cunha participación histórica de case 400 inscritos.

En Tokio 2020 será á primeira vez que o taekwondo pase a formar parte do calendario paralímpico, polo que se aprecia unha maior participación, preparación e interese.

Así, na súa categoría (k43) compiten un total de 14 deportistas, destacando o actual número 1 do ranking olímpico, o francés Bopha Kong, xa un vello coñecido para Alex, porque é moi normal que se enfronten nas finais dos campionatos do mundo ou europeos.

No último Mundial (Londres 2017) foi o galego o que se impuxo nesa final, mentres que no último enfrontamento entre ambos, foi o francés quen venceu, na final do Europeo 2017, en Sofía (decembro de 2017), onde o taekwondista do Natural logrou a medalla de prata.

Alex Vidal conta cun curriculum espectacular, con catro campionatos do mundo (2012, 2013, 2014 e 2017) e dous campionatos de Europa (2015 e 2016) e agora o seu soño é lograr a clasificación para Tokio 2020.

También te puede interesar