Galicia Vigo al minuto

@galizaCIG convoca Folga Xeral de Mulleres o 8 de marzo

A secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, presentou este mércores, na Consellería de Traballo, a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 8 de marzo.

O paro abranguerá dende as 00:00 a 24:00 horas, agás naquelas empresas e organismos con quendas de traballo que impliquen esas horas. Neste caso será entre a primeira e a última quenda.

A CIG demanda a necesidade de diminuír a fenda salarial e estabelecer mecanismos de control para evitar discriminacións. Esixe o recoñecemento da conciliación, a lactancia e o acompañamento a consulta médica ou titoría. Reclama a xornada laboral de 35 horas e planex de riscos para embarazadas. Por último pide medidas  para “detectar e eliminar situacións de acoso e violencia no traballo”.

You may also like