Comarcas

@AsNevesConcello aproba co voto en contra do PP, a modificación do Plan Xeral na contorna do antigo cuartel da Garda Civil

Esta edificación, situada na Praza de San Agustín, é edificio histórico catalogado, que fora ampliado no seu día para a súa transformación en cuartel e que, posteriormente, coa construcción das novas dependencias da Garda Civil en Salvaterra, quedou abandonado.

Esta decisión, subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “permitirá, entre outros proxectos, a conversión do cuartel en residencia para maiores”.

A modificación puntual do planeamento urbanístico neste zona urbana das Neves servirá para garantir a preservación do patrimonio cultural, nomeadamente no referido á edificación da antiga casa cuartel da Garda Civil, incluída no catálogo do PXOM (E 1202), e ao BIC que na mesma se integra, adecuando o seu réxime de protección á vixente Lei de Patrimonio Cultural de conformidade co recollido no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio en 2017.

Tamén, completará a estrutura do núcleo urbano das Neves procurando a través da ordenación deste ámbito a acaída articulación, funcional e formal dos desenvolvementos das últimas décadas coa vila tradicional, partindo do espazo público como principal elemento de integración.

Ao tempo, garantirase a conservación da pequena fraga existente no ámbito facendo compatible o seu uso para o lecer cidadán como zona verde pública coa preservación do seu valor natural e paisaxístico e reducirase a pegada da ordenación minimizando a artificialización de solos e os movementos de terras.

Está modificación do PXOM tamén vai permitir dotar ao núcleo urbano das Neves dunha residencia de maiores dando así resposta as necesidades da poboación e fomentando o desenvolvemento económico e a xeración de emprego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.