Galicia Sucesos

Empeza a epidemia da gripe: dúas persoas morreron xa en Galicia a causa desta enfermidade

Dúas persoas morreron xa en Galicia a causa da gripe, segundo os datos facilitados este venres polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). O informe de ‘Vixilancia da gripe en Galicia’, elaborado por Sanidade, indica que dende o inicio desta tempada da enfermidade houbo xa 152 peroas ingresadas con gripe. Delas 69 xa saíron do hospital e 17 tiveron que ser trasladados ás Unidades de Vixilancia Intensiva (UVI).

O Sergas prevé un incremento dos casos e da asistencia aos centros de saúde e servizos de Urxencias, nunha semana na que a actividade da gripe vai  en ascenso “o que reflicte o inicio da onda epidémica desta tempada».

Sanidade repite que vacinarse é a mellor medida para evitar a enfermidade, lembra que é posible facelo ata o vindeiro venres, día 25  e informa que dende  inicio da campaña e ata o martes pasado xa se vacinaran 558.468 persoas, 28.000 máis que o ano pasado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.