Galicia Vigo al minuto

@eva_solla exixe ao Goberno de Galicia que garanta a asistencia médica dos pacientes de Povisa

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, exixiu este venres ao Goberno galego que garanta a asistencia sanitaria ás 137.000 persoas da Área de Vigo que teñen a clínica privada Povisa coma hospital de referencia.

Solla lembrou que non hai solución aínda e que de non haber un acordó en 20 días a clínica entrará en concurso de acreedores,  polo cal urxiu á Sanidade a que afronte o problema e deix de mirar para outro lado.

A deputada de En Marea denunciou, así mesmo “a chantaxe perpetua” dos responsábeis de Povisa que, engadiu, utilizan aos seus traballadores “coma moeda de cambio para facerse con máis recursos públicos sen atender ás súas condicións laboráis” ou preocuparse pola asistencia dos pacientes.

También te puede interesar