Galicia Vigo al minuto

#CiesPatrimonioDaHumanidade 200 rapazas e rapaces aprenden a protexer as Cíes na Semana da Ciencia

Imáxes: Paula Crespo/“Vós seredes moi pronto os encargados de protexer este tesouro, por iso é esencial que coñezades ben os seus valores”, dixo o alcalde aos nenos. Uns 200 de escolares de 5º e 6º de Primaria participaron hoxe no MARCO no segundo día de actividades da Semana da Ciencia, un programa encamiñado a contribuír á divulgación científica e enfocadas especificamente á promoción da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.

Caballero dirixiuse tamén aos nenos participantes para lembrarlles a importancia de protexer esta xoia da natureza que temos en Vigo e que ten unha riqueza ambiental única: “Vós sodes os que nuns anos terédesvos que encargar de coidalas, por iso é tan importante que coñezades os seus valores e aprendades a amalas e protexelas”, afirmou.

También te puede interesar