RGPD - Cookies
Galicia

@galizaCIG entrega centos de manifestos solicitando a derrogación da reforma das pensións e manter o dereito á xubilación parcial aos 61 anos

A CIG fixo entrega esta xoves nas sete cidades e en varias localidades de Galicia dos centos de pronunciamentos recollidos entre comités de empresa e delegados de persoal reclamándolle ao Goberno español a derrogación da reforma das pensións de 2011, “para non perder definitivamente o dereito á xubilación parcial aos 61 anos”.

O rexistro dos documentos realizouse de maneira simultánea nos edificios das subdelegacións, do INSS e da Delegación e avalan a reivindicación que a central sindical xa trasladou o pasado mes de setembro ao Ministerio de Traballo e ao secretario de Estado da Seguridade Social.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que participou no acto na Delegación do Goberno na Coruña, lembrou que a reforma aprobada en 2011 polo Goberno de Rodríguez Zapatero -co apoio de UGT, CCOO e a patronal- eliminou o dereito á xubilación parcial, fixando un período transitorio que finaliza o próximo 31 de decembro.

«De non reverterse, esta medida suporá afondar na perda de dereitos que levamos anos padecendo e que se agudizou baixo o pretexto da crise económica: atraso da xubilación aos 67 anos, introdución do factor de sustentabilidade, ampliación do tempo para o cómputo da base reguladora, incremento do número de anos para cobrar a pensión completa, etc.», afirmou.

También te puede interesar