Ciencia y Tecnología Destacados

Traballadores de Povisa concéntranse diante do edificio do Servizo Galego de Saúde para exixir información sobre o estado das conversas coa clínica privada

O persoal de Povisa, que dende hai 10 días non sabe nada das negociacións entre o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a dirección da clínica privada, vén de concentrarse diante do edificio deste organismo para exixir que os responsábeis da sanidade pública os reciban e saber o estado das conversas entre Povisa e o Goberno de Galicia.

A voceira do Comité de Persoal, María Xesús Neira, agarda tamén por unha xuntanza cos administradores da clínica para aber como vai a afectar esta situación aos traballadores máis aínda considerando que  “estamos a día 27 e que o prazo para o remate do preacordo remata o 28 de decembro. Deberían chegar a un acordo antes. Se non é así e remata o preconcurso de acredores entrariamos en concurso o que cambiaría moito as cousas e estariamos nunha situación moi dura para todas e todos”.

Neira denuncia que, de momento, ao persoal non se lle garantiu que se vaia negociar un novo convenio para os traballadores que leva conxelado 8 anos. Xunto a isto denuncia tamén que “hai moito persoal ao que se lle impuxo unha xornada reducida e nós queremos que se volva ás 40 horas”. Porén as súas demandas de incluír nas negociacións melloras laborais e económicas non parecen estar incluídas nas negociación.

También te puede interesar