Vigo al día

O Tribunal de Xustiza de Galicia ordena á Xunta que entregue a @En_Marea toda a documentación sobre a fusión das caixas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir a trámite o recurso contencioso administrativo que fora presentado polo vice-voceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, pola “ocultación” por parte da Xunta de documentación sobre a fusión das caixas de aforro galegas.

O alto tribunal ordena ao Goberno galego á remisión do expediente daquela operación ademais dos informes e datos que o demandante considere procedentes, logo de que, dende hai 5 anos Sánchez estivera demandando á Xunta esta documentación sen recibir resposta algunha.

Os devanditos documentos son, entre outros, a carta de encargo da auditora KPMG, citada polo presidente Feijóo e que, supostamente, avalaba a fusión das caixas, ademais dos informes dos técnicos da Consellería de Facenda incluídos no expediente de fusión, e dos que nada se sabe.

También te puede interesar