'Qué te cuentas?' Comarcas

O xoves pola mañá péchase ao tráfico a Ponte de San Xulián, na estrada PO-250, en Redondela

A Deputación adxudica as obras da estrada entre Viso e Hío, en Cangas, para "transformala nunha estrada do século XXI"

O xoves que vén, día 8 de novembro, empezan as  obras de colocación dunha pasarela na Ponte de Xulián, na estrada PO-250, en Redondela, para o que será necesario o peche ao tráfico desta vía, dende as 9 da mañá á 1 da tarde.

A actuación enmárcase nas obras do itinerario peonil nesta estrada, no punto quilométrico 0+160, que permitirán completar un traxecto continuo no tramo urbano de Redondela, que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte.

A infraestrutura executarase na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de 2 metros, co que garantirá a circulación de peóns e ciclistas en condicións máis seguras.

As obras previstas comprenden tamén a reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns, a drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga, a sinalización, balizamento e defensas e a reposición dos servizos afectados.

También te puede interesar