'Qué te cuentas?' Galicia

Recoñecemento a nivel estatal para os 130 profesionais da sanidade galega impulsores do programa ‘Úlceras fóra’

O ‘Programa Úlceras Fóra’ do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) recibirá a insignia de ouro 2018 do Grupo nacional para o estudo e asesoramiento en úlceras por presión e feridas crónicas (GNEAUPP), a máxima distinción que outorga esta sociedade.

Máis de 130 profesionais de diferentes especialidades do Sergas forman o ‘Programa Úlceras Fóra’ que enmarca todas as actuacións relacionadas coa abordaxe das úlceras e feridas, co obxectivo de acadar unha maior calidade de vida dos pacientes con esta patoloxía e dos seus coidadores.

Mediante este programa, o Sergas tenta diminuír a incidencia das úlceras por presión por baixo dos estándares marcados; identificar e cuantificar aos pacientes con risco para previlo e, ademáis, establecer coidados  preventivos individualizados. Así mesmo, o programa establece criterios asistencias comúns no establecemento de medidas preventivas e terapias, utilización de produtos, ou no seguimento e rexistro de pacientes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.