RGPD - Cookies
Cultura Galicia

Segundo a Seguridade Social, a pensión media sitúase en Galicia en 811,85€ ao mes

Os 763.198 pensionistas que hai en Galicia cobrarán, de media, este mes  811,85 o que supón un aumento do 3,9% en relación con outubro de 2017, segundo os difundidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Do total de pensións que cobran en Galicia, 297.065 corresponden á provincia da Coruña, cunha media de 854,81€ ao mes; 240.549 á provincia de Pontevedra, con 853,11€ mensuais;  116.928 a Lugo, con 721,36€, de media; e 108.656 á de Ourense, con 700,39€.

En Galicia-que ten as segundas pensións máis baixas de España-, 476.031 delas son de xubilación, cunha paga media ao mes de 923,72€ ; outras 187.111 son de viuvez, cunha media de 575,04€ mensuais e, entre outras, hai 69.973 de incapacidade permanente, con 856,55€ ao mes.

También te puede interesar