RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Vigo al día

Vigo será esta fin de semana a capital da Neurorrehabilitación

A cidade acollerá, os días 26 e 27 deste mes, unhas xornadas científicas nas que intervirán os expertos máis importantes do país nesta especialidade.

As xornadas están organizadas polo servizo de Medicina Física e Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), que dirixe o doutor Javier Juan García. Conta coa colaboración da Sociedade Galega de Rehabilitación e da Sociedade Española de  Neurorrehabilitación, da que o doutor Juan foi fundador no ano 1998 e primeiro presidente nacional.

A celebración das xornadas nestas datas vén motivada por que o propio día 26 é o ‘Día do Dano Cerebral Adquirido’ en España e o próximo 29 deste mes conmemórase o ‘Día do Ictus’, dous das patoloxías directamente relacionadas coa  neurorrehabilitación.

As xornadas, segundo explica o doutor Juan García, teñen como obxectivo “revisar os avances que se produciron na especialidade así como realizar unha posta ao día nas múltiples patoloxías que abarca a  neurorrehabilitación”.

Durante os días da reunión científica, participarán máis de 30 relatores dos máis importantes hospitais e centros de España dedicados ao dano cerebral ou ás lesións medulares. Disertarán especialistas do Instituto  Guttmann de Badalona, Hospital do Mar de Barcelona, Investigación do Hospital La Paz de Madrid, Hospital  Vhitas de Valencia, Hospital Aita  Mennin de Guipúzcoa e dos servizos de Neuroloxía e de Rehabilitación do  CHUVI.

Temática

Os asistentes ás distintas sesións poderán participar en disertacións como a situación da  neurorrehabilitación en España e Portugal, actualización de células nai e robótica en lesionados medulares, actualización do Ictus,  neurorrehabilitación na Esclerose Múltiple, alteracións no equilibrio e na postura, espaticidade, Esclerose  lareral  amiotrófica, abordaxe psicolóxica e psiquiátrica no dano cerebral adquirido,  disfaxia,  vexiga e intestino, ou tratamentos a pacientes en estado vexetativo persistente ou con mínima reposta.

También te puede interesar