Ciencia y Tecnología Galicia

O profesionais os primeiros en iniciar a campaña contra a gripe que empeza a semana que vén para toda a poboación

Profesionais  sanitarios da Área Sanitaria de Vigo comezaron a vacinarse este luns fronte a gripe. Esta é a principal novidade da campaña deste ano, que por primeira vez ofértase ao colectivo sanitario do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a oportunidade de vacinarse unha semana antes que a poboación xeral, para afrontar a campaña protexido fronte a esta enfermidade e evitar o risco de transmisión da gripe  aos seus pacientes.

O obxectivo da Consellería de Sanidade  en relación coa  vacinación dos profesionais sanitarios é acadar unha taxa do 40%, e que o pasado ano, a área de Vigo foi dun 39%. Ademais, nesta área rexistráronse 800 ingresos hospitalarios  e 50 falecementos por mor da gripe.

Contaxia a túa enerxía e non a gripe

O inicio da campaña de vacinación da gripe 2018 se desenvolverá a partir do 22 de outubro baixo o lema Contaxia a túa enerxía e non a gripe. A Consellería de Sanidade adquiriu este ano un total de 608.000 doses, 48.000 máis que a pasada campaña, e destinou un orzamento que ascendeu a 2.183.220€, 226.980  máis que no ano 2017.

A vacinación ofrécese de xeito continuada durante 10 semanas (ata o 28 de decembro) en arredor de 900 puntos de vacinación de toda Galicia. Haberá vacinas dispoñibles en todos os centros durante todo este tempo, polo que esta pode levarse a cabo dun xeito progresivo evitando aglomeracións nos primeiros días. Calquera persoa vacinada en calquera das semanas da campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia.

También te puede interesar