Galicia

@depo_es sinala que a ocupación hostaleira de preto do 80% na provincia na Ponte do Pilar

A Deputación de Pontevedra, a través dos datos recollidos por Turismo Rías Baixas, confirma unha ocupación hoteleira media provincial do 77% durante a pasada ponte do Pilar. A porcentaxe, similar á do ano pasado.

Os establecementos hoteleiros acadaron unha porcentaxe do 95% na comarca de Pontevedra; no caso da comarca de Vigo a ocupación ascendeu ao 93%; a comarca do Salnés rexistrou o 88% de ocupación hoteleira e as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes acadaron o 84%. No caso da comarca do Morrazo a porcentaxe de ocupación foi superior ao 74%, na de Caldas do 72% e no Baixo Miño do 66%. Pola súa banda, as comarcas do Condado e da Paradanta superaron o 43% de ocupación hoteleira.

En canto ao turismo rural, co 60% de ocupación durante a ponte, estase a consolidar como unha das opcións preferentes en canto ás persoas que escollen a provincia de Pontevedra para as súas vacacións e tempo de lecer.

Pola súa banda, o Castelo de Soutomaior rexistrou un elevado número de visitantes durante a ponte do Pilar, con ata medio millar de persoas. A pasada fin de semana, concretamente o domingo 14 de outubro, comezaron no castelo as visitas teatralizadas que se estenderán ata o 4 de novembro e esgotaron, en 24 horas, as prazas ofertadas.

También te puede interesar