Ciencia y Tecnología Galicia

@MareaVigo pide ao alcalde que as parroquias teñan “inversións reais” e non obras que son “botar piche e rozar balados”

O grupo municipal da Marea de Vigo reuniuse este luns con representantes da Asociación de Comerciantes do barrio de Pereiró (ACOPE), que levan máis de dous anos denunciando a situación na que se atopan as súas beirarrúas e solicitando, tanto na Xunta coma no Concello, a realización das xestións necesarias para clarificar as competencias de cada administración sobre os terreos que ocupa o treito inicial da Avenida de Castrelos –a PO-330- para poder executar as obras de humanización que precisa o barrio.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou que a formación apoia todas estas  demandas e afirmou que “non é admisible que a veciñanza do barrio, que paga os mesmos impostos que o resto de vigueses e viguesas, teña que vivir con beirarrúas por onde nin pode pasar un carro de bebé ou mesmo carecen de luz pola noite por falta de espazo para poñer unha farola”.

A xuizo de Pérez “este tipo de actuacións son as que o Goberno local ten que levar a cabo como humanizacións e non os proxectos de mellora no pavimento que vén de anunciar o alcalde, proxectos que non son humanizacións, senón simplemente o botar piche e rozar valados típico de cando chegan os procesos electorais”.

Marea de Vigo lembra que máis do 36% dos veciños e veciñas de Vigo non viven no núcleo urbano da cidade e que apenas o 17% das inversións en obra pública consignadas neste orzamento 2018 acaba destinado aos seus barrios.

También te puede interesar