Comarcas Deportes

@carmelasilva entrega a Ariana González e Brais Misa os trofeos de campións do ‘DepoDesafío 2018’

A presidenta da Deputación fixo entrega este domingo en Vigo dos premios a Ariana González e Brais Misa, campioa e campión do “Depo Desafío 2018”, e dos trofeos a Castillo e Pérez, gañadora e gañador do tríatlon, a última das súas probas.

Tanto González como Misa remataron as cinco probas do “Depo Desafío” finalizando, deste xeito, unha media maratón, unha BTT, unha proba de trail, unha travesía a nado pola ría e un tríatlon, que a e o converteron en campioa e campión do “Depo Desafío” e acadaron, así, os dorsais personalizado para acudir ao maratón de Berlín, cos voos incluídos.

https://twitter.com/depo_es/status/1048862605358448640

Carmela Silva felicitou a todas as persoas por ter participado na iniciativa da Deputación e amosou a súa satisfacción pola altísima participación de deportistas no Depo Desafío, con máis de tres centenares de persoas nas súas cinco probas celebradas nos concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, O Grove, A Guarda, O Rosal, Tomiño e Vigo. Neste ido, Silva adiantou que “o ano que vén queremos que participe moita máis xente porque o deporte é fundamental para construír sociedades mellores, máis cohesionadas, máis felices, con moi bo ambiente”.

O “Depo Desafío 2018” combinou ao longo destes tres meses probas deportivas cheas de experiencias, de emocións, e en contornas naturais desde a beira do Miño, ata a ría de Arousa, montes da Cañiza e de Cerdedo-Cotobade e praias como a de Samil.

Deste xeito, ao longo da proba as deportistas e deportistas participantes percorreron 21 quilómetros en carreira a pé á beira do Miño, realizaron unha travesía a nado de 1.200 metros entre o paseo marítmo do Grove a a Illa da Toxa, o trail pola Cañiza nun percorrido de 15 quilómetros, a BTT de 35 quilómetro por Cerdedo-Cotobade así como o tríatlon na modalide sprint que tivo lugar esta mañá na praia de Samil, e deu por finalizado o “Depo Desafío 2018”.

También te puede interesar