Vigo al minuto

@bngvigo cualifica de “paripé” a enquisa que fai Vitrasa que non pregunta polo prezo, frecuencia ou horarios

Huelga de Vitrasa los días 3, 6, 7 y 8 de agosto

As preguntas da mesma refírense a datos que xa coñece a empresa coma o uso dos distintos tipos de bonos ou os transbordos

O candidato do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía vén de cualificar de “paripé” a  enquisa que está a realizar Vitrasa ás persoas usuarias do servizo de transporte urbano da cidade posto que, denuncia, “das 8 preguntas que compoñen o cuestionario, a meirande parte destas refirense a cuestións que a empresa xa coñece polos medios de control do acceso ao autobús como o uso dos diferentes tipos de bono, transbordos, etc”

Xabier P.Igrexas subliña que, pola contr, “non se pregunta nin sobre as frecuencias, nin sobre os horarios, nin sobre os tempos de traxecto, nin sobre o prezo ou a comodidade e seguridade dos buses”, ademáis, o formulario, “que ademais se distribúe só en castelán desprezando máis unha vez o noso idioma, só procura lavar a cara da concesionaria despois de que hai poucas semanas un estudo sinalase que o autobús é o servizo peor valorado polas veciñas e veciños”.

Igrexas demanda que o Goberno municipal poña en marcha unha auditoría municipal do funcionamento do servizo, que permita obxectivizar as importantes deficiencias e eivas que arrastra e que son obxecto de queixa reiterada polas persoas usuarias. “A piques de concluír a actual concesión é o momento idóneo para someter un servizo que é da máxima importancia para a veciñanza a un estudo profundo”, explicou.

“Unha cidade do tamaño de Vigo, pola súa poboación e por territorio, non pode seguir tendo un autobús de terceira división, con buses cada 45 minutos ou cada hora, sen apenas servizo en fin de semana e con barrios e parroquias illados”, sostén o candidato nacionalista. Emporiso, desde o BNG reiteran a necesidade de aplicar unha mellora substancial no servizo, tanto nas frecuencias como na revisión do actual mapa de liñas, entre outros.

También te puede interesar