RGPD - Cookies
Destacados Sucesos

Dous mortos e 70 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 72 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 21, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 23 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 72 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 89. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 72 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 12 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas resultaron falecidas no punto.

También te puede interesar