'Qué te cuentas?' Galicia

Dende a semana que vén, novos desvíos polas obras na Autovía do Morrazo

Dende o martes que vén, día 18 de setembro, o tráfico no treito da estrada Marín-Moaña (PO-313), que coincide coa zona de obras do paso inferior do corredor do Morrazo, estará desviado, segundo informa o Goberno de Galicia, de xeito que as conexións con esta vía a manteranse a través dos enlaces de Meira e de Cangas.

Os condutores que circulen pola estrada autonómica e desexen continuar poña mesma, deberán incorporarse ao corredor do Morrazo e realizar o cambio de sentido,  nun dos enlaces para volver a tomar a estrada Marín-Moaña.

También te puede interesar