Ciencia y Tecnología Galicia

Os 32.500 docentes da Educación Pública de Galicia empezarán a percibir as subas nos seus soldos dende o mes que vén

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este xoves que os 32.500 docentes da Educación Pública galega – funcionarios de carreira, interinos e substitutos de todos os corpos docentes- comezarán a percibir na nómina de outubro unha suba salarial lineal de ata 1.260€ ao ano, cantidade que se consolidará en 2021.

O presidente Feijóo salientou que isto supón 90€ ao mes en 14 pagas e nun incremento porcentual medio do 4%, logo un investimento de  41,4 millóns de euros e que foi autorizado hoxe polo Consello da Xunta, o que permitirá cumprir o acordo entre o Goberno galego e os sindicatos Comisións Obreiras e UGT o pasado mes de xullo.

O xefe do Executivo indicou que esta suba salarial irase implantando de xeito paulatino ata o ano 2021 deste xeito: entre outubro e decembro deste ano, a suba vai ser de 15€ ao mes; dende o 1 de xaneiro de 2019 aplicaranse outros 20€ mensuais máis; ao longo de 2020, o incremento será doutros 25€ e, finalmente, o 1 de xaneiro de 2021 procederase á última suba, de 30€ mensuais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.