Comarcas

O Concello de Redondela asina un convenio que permitirá a Cáritas colocar 8 contedores de roupa usada na vila

O Secretario Xeral de Cáritas,  José Antonio García Coba, visitou este xoves Redondela para asinar un convenio de colaboración co alcalde, Javier Bas, polo que se instalarán en diferentes puntos da vila oito contedores de roupa  usada.

Ademais deste convenio, anualmente o Concello de Redondela asina con Cáritas un acordo anual que conta cunha achega de 15.000€ que facilitan que esta organización realice entre outras actividades: atención directa aos usuarios; reparto de alimentos; axudas ao pago de alugueiros; atención e visitas a anciáns e enfermos en residencias e hospitais; cursos de formación; campañas de sensibilización; atención alimentaria á infancia e programas de emprego con talleres de habilidades sociais

Un dos programas mais importantes que leva a cabo a asociación é a campaña de verán para a alimentación digna das familias con menores, dado que no período de lecer non asisten aos comedores escolares e é Caritas a que se encarga de proporcionarlles una alimentación completa e equilibrada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.