Cultura Vigo al minuto

O Goberno local denuncia que a Xunta paralizou a mellora da rede de abastecemento en Teis

O Goberno local vén de denunciar que a Xunta ten paralizadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis e outra decena de actuacións que o Concello non pode poñer en marcha “debido aos atrancos do departamento autonómico de Patrimonio”.

«Temos en marcha un proxecto para a mellora da rede de abastecemento e están paralizado dende hai tres meses pola Xunta», sinalou o concelleiro Carlos López Font quen subliñou que un dos puntos que estaría beneficiado pola mellora é o colexio de San Salvador de Teis, “precisamente un lugar que foi motivo das críticas do PP hai poucos meses».

López Font tamén lembrou que o Goberno galego ten bloqueadas en Vigo outras actuacións, como as humanizacións de Camelias e García Barbón as rampas mecánicas de Gran Vía e a reforma da Porta do Sol.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.