Ciencia y Tecnología Destacados

O accidente do Marisquiño fixo que as Urxencias do Cunqueiro batesen o seu récord de atención: 638 adultos

O Servizo de Urxencias do Complexo  Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) rexistrou o o pasado luns, día agosto, o récord histórico de atencións, cunha cifra de 638 adultos contabilizados dende as 12 da noite ata as 12 menos un minuto do mesmo día.

É un dato que nunca se alcanzou no  CHUVI e ao que hai que sumar as 132 urxencias pediátricas dese mesmo día e as 32 obstétricas que se atenderon tamén nesas 24 horas.

No total de atencións de adultos e pediátricas están incluídos os 189 que se viron como consecuencia de feridos no concerto de O  Marisquiño, tras o accidente ocorrido na noite do domingo ao luns.

A referencia máis elevada existente ata agora en Urxencias do CHUVI atópase no luns da semana anterior, día 6 de agosto, en que houbo 526 entradas de adultos.

Do total de adultos que entraron en Urxencias só necesitaron ingreso 48, o que representa un 8,62%. O mesmo ocorreu coas 132 entradas en urxencias pediátricas das que só ingresaron 9, o que representa un 8,04%.

También te puede interesar