Cultura Galicia

O persoal non estatutario do 061, en folga dende este mércores, 1 de agosto

Según informan os representantes dos trabaladores, non hai acordo para evitar a folga do persoal estatutario do 061, convocada polo ”traslado forzoso do servizo, dende Santiago á Estrada, sen unha compensación xusta”.

A folga comezará este mércores, día 1 de agosto logo de que o Goberno de Galicia non atendese ás reclamacións dos traballadores e continúe “sen dar solucións ós graves perxuízos que lles ocasiona o traslado do seu posto de traballo a máis de 30 quilómetros do actual”.

Entre os os máis graves os traballadores citan: máis de 60 quilómetros diarios de condución;  unha hora e cuarto diaria de desprazamento, en condicións normais de tránsito; a repercusión dese tempo engadido a xornada laboral na conciliación da vida familiar; os custos en recursos de mobilidade (combustible, amortización do vehículo, averías…); o risco de sinistralidade que leva aparellada ou o número de quilómetros anuais que se derivan do traslado forzoso.

Segundo indican, a oferta feita pola Administración “non compensa, nin de lonxe, os custes materiais do traslado forzoso, e non teñen en consideración os outros perxuízos inmateriais que repercuten nas condicións de vida das traballadoras e traballadores”.

También te puede interesar