Galicia Sucesos

Dous mortos e 55 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

A ponte de Semana Santa pechouse sen mortos nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado venres, 20, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 22 de xullo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 57 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros,  as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar