Galicia

O Goberno de Galicia impulsa a creación de ‘casas do maior’ para mellorar a atención á dependencia en concellos de menos de 5.000 habitantes

O presidente do Goberno galego adiantou este xoves a creación das ‘casas do maior’, un servizo que brindará atención profesional ás persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa nos concellos rurais de menos de 5.000 habitantes.

En canto ás características destas casas, o presidente Feijóo detallou que nelas se poderá atender a cinco maiores, durante un máximo de 8 horas diarias, con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade.

O xefe do Executivo  sinalou que o orzamento total será de máis de 1,3 millóns, contía que cubrirá o 100% do investimento necesario para poñer en marcha o devandito servizo, con ata un máximo de 15.000€ para á reforma ou adaptación da casa aos requirimentos e unha prima de 19.600€ /ano para a atención individualizada.

Con estas previsións, engadiu o presidente, estímase que na primeira convocatoria se impulsen ata 30 casas do maior, sendo 90 os concellos susceptibles de contar con este novo recurso.

También te puede interesar