Vigo al minuto

Bandeira xigante no Castro para lembrar os 50 anos do Día da Patria Galega

Este sábado, militantes de Galiza Nova e mais do Bloque Nacionalista Galego despregaron unha bandeira xigante da patria no monte do Castro, nas inmediacións do antigo castelo. A acción enmárcase dentro dos actos da III Semana da Patria para «afirmar o noso orgullo de sermos galegos e galegas e reivindicar o noso dereito como pobo a decidir o noso propio futuro conquistando a plena soberanía nacional para Galiza”, explican desde s organizacións nacionalistas.

Esta reivindicación ten este 2018 un tratamento máis especial, ao se cumprir 50 anos da recuperación da celebración do Día da Patria Galega, impulsada polo nacionalismo galego na altura de 1968.

Os actos da III Semana da Patria continuarán este domingo, cun roteiro reivindicativo na Illa de San Simón, no que o deputado Luís Bará exercerá de guía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.