Destacados Vigo al minuto

O Concello interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta

O Goberno local acordou este mércores interpoñer un segundo recurso contencioso-administrativo contra a decisión da Xunta de obrigar ao Concello a cofinanciar os centros de día de Valladares, Teis e Coia.

O alcalde asegurou este xoves en rolda de prensa que a  lei da Xunta forza ao Concello a abonar o 30% do custe destes tres centros de día e das escolas infantís de Valladares e da rúa Palencia, cando “trátase dunha competencia e xestión autonómica”.

En total, o copago esixido a Vigo ascende a 550.000€ e por iso o Concello, seguindo indicacións do xulgado, recorreu separadamente o segundo semestre do cofinanzamento dos centros de día, «competencia exclusiva da comunidade autónoma». A liquidación do primeiro semestre foi de 171.250€, a mesma cantidade que se reclama agora, a contía correspondente aos últimos seis meses.

Abel Caballero censurou que a Xunta «unilateralmente» lexisle o pago por parte da cidade dos servizos de competencia autonómica e nunha cantidade, o que representa un «grave atentado contra a autonomía local». Dentro das competencias que a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local (LARSAL) atribúe aos concellos non se inclúe a asunción forzosa de parte dos gastos ordinarios de centros da administración autonómica, explicou o alcalde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.