Destacados

Convocadas mobilizacións en toda Galicia contra a posta en liberdade dos delincuentes de La Manada

A nova da decisión da Audiencia de Navarra de conceder a liberdade provisional aos criminais de La Manada – José Ángel Prenda, Jesús Escudero, Ángel Boza, o militar Alfonso Jesús Cabezuelo e o garda civil Antonio Manuel Guerrero– vén de provocar a resposta inmediata de distintas asociacións, colectivos e entidades sociais e feministas de toda Galicia que convocaron, xa, mobilizacións para este mesmo xoves, día 21 e para mañá, venres, 22 de xuño.

Para este xoves haberá concentracións: diante da Audiencia Provincial, en Pontevedra, ás 8 e media da tarde; ás 9 da noite: na Praza 8 de Marzo de Compostela, Obelisco de A Coruña, Xulgados de Ferrol, Praza Maior de Ourense e Praza do Hospital de As Pontes.

Para mañá, venres , ás 8 da tarde na Praza Maior de Lugo; ás 9 da noite: Farola de Urzáiz, en Vigo, e Praza do Concello, en Noia, e ás 9 e cuarto, na Praza do Concello de Cangas.

También te puede interesar