RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Sucesos

A Asociación Lazoiro alerta de que Sanidade detectou verquidos preto da praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, que «non é apta para o baño»

A asociación Lazoiro informa de que vén de recibir un escrito da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade no que fai a seguinte mención: “En relación a praia de Cordeiro, un informe da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil, pon de manifesto a existencia de verteduras de augas residuais a 350 metros augas arriba da zona de baño, o que pode supoñer un perigo obxectivo para os bañistas, polo que o Concello de Salvaterra de Miño deberá sinalizar a zona como non apta para o baño, mentres non realicen as xestións oportunas para que os vertidos dos núcleos situados augas arriba incorporen sistemas de desinfección aos tratamentos de depuración das súas augas residuais”.

Esta información fai saltar a alarma na asociación Lazoiro cando “os veciños da zona do Cordeiro lles confirman  a esta asociación que o Concello de Salvaterra na zona intermedia entre a praia fluvial do Cordeiro e lugar dos verquidos está collendo auga do río para o abastecemento por medio dun bombeo que a envía ao deposito do monte do Castelo do que se abastece o municipio”.

A asociación Lazoiro acaba de dirixirse ao Concello, Consellaría de Sanidade e Confederación Hidrográfica Miño Sil para que se garanta a salubridade da auga de consumo no concello de Salvaterra e se procedan a efectuar as obras necesarias para rematar cos vertidos de augas residuais ao río Tea na zona do Cordeiro.

Tamén se lle pide ao Concello de Salvaterra, tal como indica a Consellaría de Sanidade, que se proceda a sinalizar a zona do Cordeiro como zona non apta para o baño mentres continúen os verquidos.

También te puede interesar