Cultura Vigo al minuto

500 investigadores participarán do 20 ao 22 de xuño, en Vigo, no VI International Symposium on Marine Sciences

O ISMS é a cita máis importante para as ciencias mariñas no noso país e está promovido pola Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar de España e as Universidades ás que pertencen, co apoio do concello.

O alcalde, que participou este venres na presentación deste simposio, destacou a importancia do workshop centrado en Illas Cíes: “xa temos o apoio extraordinario da cidade e agora o noso obxectivo é facer traballo científico, que é un aval esencial para conseguir que as Cíes alcancen o título da Unesco”.

Entre os relatores que participarán no congreso de Cíes destaca Jorge Cortés, investigador do Centro de Investigación en Ciencias do Mar de Costa Rica (CIMAR), “que traballou na exitosa candidatura de Illa do Coco a Patrimonio da Humanidade e seguro que colaborará tamén con Cíes”, apuntou Caballero.

Pola súa banda, o novo reitor da Universidade, Manuel Reigosa, asegurou que “a Ría de Vigo e as Cíes son fundamentais para a cidade e tamén para a Universidade” e mostrou o seu “orgullo” pola celebración destes congresos coincidentes na cidade.

Entre os conferenciantes estarán reputados investigadores de universidades de todo o mundo e as temáticas abordarán todo o relacionado coas ciencias do mar como a acidificación dos océanos, a xestión e lexislación dos mesmos, o cambio climático e a biodiversidade mariña.

Os participantes no congreso despediranse de Vigo cunha visita a Cíes.

También te puede interesar