RGPD - Cookies
Galicia

A finais do mes pasado había en Galicia 176.696 desempregados anotados nas oficinas de emprego, 5.595 menos que en abril

As oficinas de emprego de Galicia remataron maio con 5.595 personas menos anotadas nas mesmas, segundo os datos difundidos este luns polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

A finais do mes pasado había 176.696 galegas e galegos inscritos nas listas do paro, 22.942 menos que na mesma data de 2017. Iso sí: o paro nótase máis entre as mulleres, en Galicia hai 101.617 que están na procura de traballo fronte a 75.079 homes.

Por provincias, na de Pontevedra é na que máis baixou o desemprego: 2.808 persoas menos nas litas de desemprego, dacordo cos devanditos datos.

También te puede interesar